Corredoiras Bueu


XXI Carreira de San Martiño Bueu 2016

XXI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO

BUEU 2016

 

  • PRESENTACIÓN.

O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes organiza o domingo 13  de novembro a XXI Carreira Pedestre de San Martiño.

As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó. Primeiramente, a partires das 10:00h celebraranse as carreiras de categorías inferiores e xa logo ás 12:00 horas celebrarase a carreira de 6 quilómetros.

Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.

 

  • CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.

2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende chupete ata cadete).

  • Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías
  • Os tempos serán recollidos manualmente polos xuíces da proba e somentes se tomará a referencia dos tres primeiros clasificados.

Categorías:´

CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CHUPETE 2012 a 2014
MINIBENXAMÍN 2010 a 2011
BENXAMÍN 2008 a 2009
ALEVÍN 2006 a 2007
INFANTÍL 2004 a 2005
CADETE 2002 a 2003

Categorías e horarios aproximados

CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Alevín feminino 800 metros 10:00 h
Alevín masculino 1500 metros 10:10 h
Infantil masculino/feminino 2000 metros 10:20 h
Benxamín feminino 500 metros 10:35 h
Benxamín masculino 500 metros 10:45 h
Cadete masculino/feminino 3000 metros 10:55 h
Minibenxamín masculino 300 metros 11:15 h
Minibenxamín feminino 300 metros 11:25 h
Chupete (conxunta) 100 metros 11:35 h

*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo vaia o desenrolo das probas.

2.2.-  CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (dende xuvenil ata veterán “B”). 

  • Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 1 km. de percorrido ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) o que se darán 3 voltas (1 quilómetro ida e 1 quilometro volta) para así completar os 6 quilómetros dos que consta a proba absoluta.
  • Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Masso
  • Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 16 anos, o corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral  sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista asume que para a realización da da proba é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva.

Categorías.

CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
XUVENIL 2000 a 2001
SENIOR 1976 a 1999
VETERÁN “A” 1961 a 1975
VETERÁN “B” 1960 e anteriores

Categorías e horarios aproximados

CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Absoluta 6000 metros 12:00 h

*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo vaia o desenrolo das probas.

2.3.- NORMATIVA PARA ÁMBALAS DÚAS CARREIRAS.

  • Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
  • Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
  • Disporase de servizo de duchas.
  • A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
  • Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
  • A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
  • Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
  • A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
  • Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.
  • INSCRICIÓNS.
    • As inscricións faranse na web http://www.prueba-t.es cun costo de 5€ + 1€ en concepto de aluguer de chip por participante para a categoría absoluta de 6 quilómetros que inclúe o dorsal, bolsa de agasallos conmemorativos(para as 250 primeiras inscricións), froita e bebidas.
    • As inscricións serán gratuítas dende a categoría chupete a cadete a través da mesma páxina da categoría absoluta (excepcionalmente aceptaranse inscricións na categoría chupete ata 30 minutos antes de comezar a proba)
    • Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 10 de novembro.
    • Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
  • PERCORRIDO
    • Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 1 km. de percorrido ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar).
  • ENTREGA DE PREMIOS.
  • Chupetes: Medallas para tod@s os participantes.
  • Resto de categorías: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non acumulativos)
  • Absoluta: Ademais dos correspondentes trofeos, recibirán os seguintes premios en metálico, tato na categoría feminina como masculina:

1º Clasificad@: 100€

2º Clasificad@: 70€

3º Clasificad@: 30€

  • AGASALLOS: Entregarase unha bolsa a cada participante da categoría absoluta, que conterá:
    • Agasallo conmemorativo da proba
    • Froita
    • Auga
    • Barra enerxética
    • Outros pequenos detalles que puideran aportar as casas colaboradoras

Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación na XX Carreira Pedestre San Martiño de Bueu leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.


Horarios Barcos

Todos os que non puideron elexir horario do barco para a volta (a ida non se escolle), deben de poñerse en contacto coa empresa de cronometraxe a través do correo esteban.martul@prueba-t.es en asunto especificar “HORARIO BARCO”, recordade que os horarios de volta dispoñibles son 17:00, 18:00 e 19:00, no correo debe aparecer o nome do participante e o seu DNI, o mércoresas 12:00 debemos ter pechados os horarios dos barcos xa que necesitamos saber que tipo ou cantos barcos dispoñemos para cada horario. TODO O QUE NON ELIXA HORARIO SERÁ COLOCADO POLA ORGANIZACIÓN NO HORARIO QUE MELLOR SE ADECUE AS NECESIDADES DESE DÍA

AVISO BARCOS


Deporte e Natureza

Mentres seguimos cos preparativos de III Volta a Illa de Ons, queremos agradecer o apoio que nos brinda o Concello de Bueu e sobre todo o Parque Nacional Islas Atlanticas de Galicia, sen o cal esta proba non sería posible, facendo unha labor moi importante tanto en traslados da organización, aloxamento, asesoramento, información e guías de conservación deste marabilloso entorno que nos ofrece a Illa de Ons, Queremos recodar a todos os participantes tamén que o mais importante desta proba é a mestura de deporte e natureza e demostrar que é posible realizar este tipo de probas sen danar o entorno e promovendo un tursimo sostible nos espazos naturais, para o cal como cada ano vos pedimos que o día da proba respetedes todas as normas do parque, aquí tendes as recomendacións que nos facilitan dende o Parque:

Recomendacións

10247483_735465679831188_1312327592_n


III Volta a Illa de Ons

O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes organiza o domingo 15 de Maio o III Volta a Illa de Ons.

Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina. As probas, tomarán a saída na zona do Igresario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 11:45 para a andaina e ás 11:30 para a carreira.

Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.

 

Cartel III VOLTA A ILLA DE ONSweb


I Cross Popular Cabo Udra

A ANPA Cabo Udra, coa co-organización do Concello de Bueu e o Club Atletismo Corredoiras, organizan o 1º CROSS POPULAR – CABO UDRA, que terá lugar o domingo, día 19 de xuño de 2016, no entorno natural de Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).

Para mais información:

Reglamento

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


III TRAIL/ANDAINA DE CELA BUEU 2016

  • PRESENTACIÓN.

 

O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o Clube Triatlón Morrazo organiza o domingo 24  de xaneiro o III Trail de Cela .

Ademais do trail tamén se realizará unha andaina competitiva. As probas, tomarán a saída na zona do Igresario da parroquia de Cela (bueu)con os seguintes horarios:  as 09:30 para a andaina e ás 10:00 para o trail.

Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.

 

  • CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN TRAIL E ANDAINA.

 

  • É unha carreira de montaña, cunha distancia de 25 qm, con saída e chegada na parroquia de Cela(Bueu).
  • Haberá dous tipos de andaina: unha cun percorrido de 15 qm e outra de 25 qm, ambas as dúas teñen o mesmo horario.
  • O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con cinta e / ou pintura ecolóxica.
  • Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
  • A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
  • O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 25 qms será de 4h 30 minutos.
  • Existirán tres postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
    • Km 8 líquido
    • Km 13 líquido-sólido
    • Km 20 líquido-sólido
    • Km 25 meta líquido-sólido
  • A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip (só no caso do trail).
  • Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de Saída/Meta
  • Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista asume que para a realización da da proba é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva.
  • Existen duchas a 300 metros da chegada e haberá pinchos o rematar a proba para todos os participantes.

Categorías Trail. (andaina sen categorías)

 

CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
ABSOLUTA 18 a 44
VETERÁN 45 en diante

 

 

  • NORMATIVA PARA O TRAIL/ANDAINA.
  • Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
  • Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
  • Disporase de servizo de duchas.
  • Estará totalmente prohibido correr durante a andaina, isto será motivo de descalificación.
  • A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
  • Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible (só no caso do trail) ou desatenda as indicacións da organización.
  • A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
  • Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
  • A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxetos de cada participante.
  • Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
  • A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto o medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.

 

  • INSCRICIÓNS.
  • Trail: As inscricións faranse na web http://www.prueba-t.es cun costo de 15€ por participante para a categoría absoluta de 25 quilómetros que inclúe o dorsal, camiseta conmemorativa(para as 250 primeiras inscricións), froita e bebidas.
  • Andaina: As inscricións faranse na web http://www.prueba-t.es cun costo de 5€ por participante que inclúe o dorsal, camiseta conmemorativa(para as 250 primeiras inscricións), froita e bebidas.
  • Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 21 de xaneiro.
  • Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo

 

  • ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
  • Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba nas carpas situadas xunto a saída, dende as 8:45 ata as 9:45h.
  • Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
  • A clasificación xeral oficial publicarase nas web do clube e na web da empresa de cronometraxe.

 

 

 

 

  • PERCORRIDO

Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:

Tracks en varios formatos:

 

  • ENTREGA DE PREMIOS.
  • Trail nas categorías Absoluta e Veterans: Trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría masculina como feminina.
  • Andaina: Trofeos para os tres primeiros clasificados sen distinción do sexo na distancia de 25 qm..
  • Primeiro Local: Trofeo para o primer home e a primeira muller que cheguen a meta e sexan da localidade de Bueu
  • AGASALLOS: Entregarase unha bolsa a cada participante tanto do trail como das andainas, que conterá:
    • Camiseta conmemorativa da proba
    • Froita
    • Auga
    • Barra enerxética
    • Outros pequenos detalles que puideran aportar as casas colaboradoras

 

  • SEGUROS:
  • Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/ dende o lugar no que se desenvolve a proba.

 

 

Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación na II TRAIL DE CELA  leva consigo a total aceptación do Regulamento presente