Corredoiras Bueu

Inscrición

cabecera


O clube Corredoiras de Bueu coa colaboración do Concello de Bueu organizan a II Volta a Illa de Ons o vindeiro 17 de Maio de 2015. Este ano as inscripcións faránse a través da páxina web do Clube: https://corredoirasbueu.wordpress.com/inscripcion/.

O Prazo de inscricion estará aberto dende o 9 de Abril as 00:00 ata o 9 de Maio as 24:00 horas cun límite de 350 participantes, todos aqueles que desexen participar deben ser maiores de 18 anos o día da proba e deberán aboar 15€ en concepto de inscrición, esta cuota inclúe o dorsal, bolsa de agasallos con camiseta conmemorativa, froita e bebidas e información turística e medioambiental da Illa. O método de pago será mediante transferencia bancaria, os datos se facilitarán por correo electrónico unha vez feita a preinscrición. En paralelo a esta proba tamén se celebrará unha andaina da cal damos información máis abaixo.

Na mesma páxina do clube mostrarase información acerca da compra dos billetes para desprazarse en barco ata a Illa de Ons. Os prezos dos billetes terán unha rebaixa especial co gallo da carreira, sendo de só 8€ para os participantes e para todas aquelas persoas que queiran acompañar ou simplemente vixitar esta fermosa Illa.

1114_1

Máis Información:

CATEGORIAS

Absoluta masculina e feminina.

ENTREGA DE DORSÁIS

O día anterior á proba na sala Amalia Domínguez Búa de Bueu na Rúa Eduardo Vincenti Nº2 (Horario por confirmar) e o mesmo día da proba no peirao de Bueu a partir das 8:00h da mañán.

DISTANCIA

O percorrido estará sinalizado e balizado ao longo dos 19 kilómetros discurrindo por camiños afastados das zonas sensibles respecto da flora e fauna. O desenvolverse a proba nun Parque Nacional, queda prohibido saír das zonas habilitadas como roteiros.

TROFEOS:

Para os tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.

Data: Domingo 17 de Maio de 2015 Hora: 11:30 Lugar: Illa de Ons O control da proba pecharase ás 14.00 horas

ACTIVIDADE “ANDAINA”:

Dificultade BAIXA. Distancia entre 5 e 7 km. Duración aproximada 2h. Saída despois de que comece a carreira. A actividade é gratuíta excepto o barco que custa 8 € por persoa (ida e volta). Forma de inscrición: a través do formulario da páxina web do clube: https://corredoirasbueu.wordpress.com/inscripcion-andaina/. A inscrición nesta actividade pode facerse de maneira colectiva.

SERVICIOS:

Disporase de servicio de duchas en gardaroupa para os participantes da carreira.

COMIDA:

Para quen o desexe ofertarase un menú a 8 € tanto en Casa Checho e en Casa Acuña.

RESERVA DO MENÚ:

Recoméndase ás persoas interesadas en comer nos restaurantes colaboradores (tanto corredores/as como acompañantes e participantes na andaina), que fagan a correspondente RESERVA nos seguintes teléfonos:

CASA CHECHO: 639 563 572

CASA ACUÑA: 986441678 – 696991989

As reservas poden facerse do menú de 8 €, especialmente ofertado con motivo da carreira, ou en relación a calquera outro que se queira encargar.

RESERVA BILLETES:

Próximamente informaremos da venda dos billetes e os horarios para reservar directamente coas navieras.

NORMAS:

O día da proba non está permitido o uso de bicicletas (excepto pola organización) na Illa, polo que non será posible subilas ao barco.

Contacto: https://corredoirasbueu.wordpress.com/contacto/

Correo electrónico: clubcorredoirasbueu@gmail.com

Los comentarios están cerrados.